Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello parabeniza á viveirense Carmen Díaz, gañadora do concurso ‘Talentos’

Viveiro, 24 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro traslada a súa felicitación á viveirense Carmen Díaz, que vén de gañar a primeira edición do concurso “Talentos”, convocado pola Cadena Ser.

O certame buscaba a mellor voz xoven de España e a artista de Viveiro impoñeuse nas diferentes galas ata a fase final, celebrada o pasado venres. Segundo a canle radiofónica, máis de 100.000 persoas seguiron a fase final do certame, onde a galega tivo a oportunidade de pechar o concurso coa súa actuación, xa como gañadora.

Carmen estudou durante 8 anos no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, onde aprendou a tocar a guitarra. A súa aprendizaxe permitiulle gañar o certame, interpretando incluso cancións compostas por ela mesma. Dende o Concello de Viveiro, trasládanlle a noraboa a Carmen e deséxanlle moita sorte no seu posible camiño musical.

“Os éxitos dos nosos veciños e veciñas avalan o talento de Viveiro e contribúen a resaltar o noso municipio por toda España, como é o caso desta cita estatal. Parabéns Carmen!”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Exit mobile version