Site icon Crónica3.com A Mariña

O magomóbil no Vicedo este sábado

Este sábado visita o concello de O Vicedo o Mago Antón. Un espectáculo que se fai no “Magomóbil”, un camión-teatro que se instalará na Rúa do Porto e no que se farán 8 pases ao longo de todo o día (12h, 13h, 17h, 18h, 19h, 20h, 21h, 22h). Os pases son de 45 minutos e non é necesaria preinscrición. Tomaranse todas as medidas de aforo, ventilación e distancia propostas polas autoridades sanitarias pola COVID-19.

Exit mobile version