Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén xe ten os calendarios para defender as Copas Galicia

Burela, 6 de agosto, 2021. Novo calendario e novo reto. O Pescados Rubén Burela FS, defendendo os tronos irmandiños, ten como obxectivo a chegada a Marín, sede das finais de Copa Galicia o 17 de maio.

Cun total de 12 equipos participantes, as Guerreiras Laranxas serán as primeiras en estrearse. Entrarán en cuartos da décimo quinta edición da cita, fronte ao vencedor de Viaxes Amarelle FSF-5 Coruña FS; a data estimada será o 11 de setembro.

O cadro de Alberto Riquer tamén accederá á trixésima edición da competición en cuartos, pero non será ata o 9 de febreiro, nun calendario con 33 equipos en xogo.

Exit mobile version