Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de Emerxencia Climática en Alfoz

Alfoz, 9 de agosto, 2021. Durante este luns, as e os participantes no programa Ludiverán-Xogando en Igualdade participaron nun obradoiro sobre a Emerxencia climática, a través do cal puideron comprender non só as razóns polas que a Terra está a sufrir esta problemática, senón tamén as consecuencias dunha terra máis quente e contaminada e de que forma nos afectará se non comezamos a actuar.

Percatáronse da importancia de que cada persoa individualmente e cada familia colabore para mellorar ou frear esta situación, así como das ferramentas que poden empregar para facelo.

Para finalizar o obradoiro, aprenderon a calcular a súa pegada ecolóxica, e de como reducila para non danar ese anaco de terra que nos corresponde en empréstito.

En definitiva, da importancia de adoptar un estilo de vida máis acorde coa sustentabilidade e das famosas 3R: reducir a adquisición e uso de produtos, reutilizar e reciclar.

Exit mobile version