Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de iniciación á astronomía no Museo do Mar de San Cibrao

Lugo, 21 de agosto. O Museo Provincial do Mar acolleu esta tarde a actividade de iniciación á astronomía “Coñecendo as estrelas”, unha oportunidade de aprender e coñecer as constelacións e os diferentes corpos do universo que ao longo do ano podemos desfrutar no ceo galego.

O divulgador científico Xabier Pérez Couto -Astroxabi en canles dixitais e redes sociais- guiou ás persoas asistentes a elaborar e coñecer as ferramentas precisas para iniciarse na observacións do Universo.

A actividade é froito da colaboración entre o Máster de Xestión Cultural da USC en Lugo e a Rede Museística Provincial, que ofrece os seus espazos para que xestoras e xestores noveles poidan desenvolver os seus proxectos.

Exit mobile version