Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata o ‘Run Foz Run Summer Camp’

Foz, 31 de agosto, 2021. Este luns rematou o “Run Foz Run Summer Camp”, organizado pola Run Foz Run coa colaboración do Club de Atletismo Ría de Foz.

Este campamento de verán, que se celebrou durante os meses de xullo e agosto en Cangas de Foz, estivo pensado para todos os pícaros e pícaras, de entre 5 e 16 anos, que quixesen desfrutar do verán ao máximo.

O fío condutor do campus era o deporte, concretamente o ATLETISMO, pero houbo tempo para moitas máis actividades: kayak, surf, rutas polo monte, xincanas, xogos, concursos, cine, praia… O obxectivo era claro: que os pequenos desfrutasen da práctica deportiva e que entendesen que o deporte é una ferramenta perfecta para a transmisión de valores e para facer novos amigos.

O Campus contou cunha media de asistencia de 50 rapaces.

Exit mobile version