Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan os Mércores de Natureza do Vicedo

Este mércores 1 de setembro rematarán os mércores de Natureza organizados no mes de xullo e agosto. Nesta ocasión realizarase unha derradeira actividade de kayaks descendendo o río Sor a primeira hora da tarde. O punto de encontro será o porto do Vicedo ás 16 horas dende onde partirase en furgonetas cara Ribeiras do Sor. Unha vez alí comezará o descenso de volta cara o porto do Vicedo. O prezo da actividade é de 17 euros por persoa e terá unha duración media de dúas horas.

Exit mobile version