Site icon Crónica3.com A Mariña

Reparto de cinceiros ecolóxicos de plástico reciclable nas praias de A Marosa e O Portelo

Burela, 25 de agosto de 2021. A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, e as monitoras do Centro Gaia repartiron hoxe pola mañá cinceiros ecolóxicos de plástico reciclables nas praias de A Marosa e O Portelo.

A edil Toñi Eijo subliñou que “o obxectivo é manter as praias limpas e protexer o medio ambiente. Os cinceiros teñen forma cónica e pódense cravar na area. Inclúen unha tapa na parte superior, para que non caian as cabichas e se poidan apagar os cigarros. Están feitos de material de plástico resistente e reciclable”.

A concelleira de Medio Ambiente engadiu que “as cabichas son residuos que se atopan con moita asiduidade nas praias e tardan décadas en desaparecer. Unha soa cabicha pode contaminar entre oito e dez litros de auga salgada e ata cincuenta litros de auga doce. Con esta medida, que se ven repetindo nos últimos anos, pretendemos diminuír a presenza de cabichas nos areais de Burela”.

As persoas interesadas en facerse con estes cinceiros poden pedilos nos postos de socorrismo das praias de O Portelo e A Marosa.

Exit mobile version