Site icon Crónica3.com A Mariña

VIII Torneo de padel San Bartolo de Xove do 23 ao 27 de agosto

Xove, 17 de agosto, 2021. Este martes, tivo lugar a presentación do VIII Torneo de padel San Bartolo de Xove, neste acto estivo presente o alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias xunto María Gómez Sanmartín representante da empresa IG10 que xestiona o torneo.

O torneo será dende o 23 ao 27 de agosto e terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500€ de material deportivo en premios.

A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela.

O sorteo será o día 20 ás 14:00 na pista de padel.

Exit mobile version