Site icon Crónica3.com A Mariña

A Alcaldesa de Viveiro convoca aos alcaldes e alcaldesas da Mariña a unha reunión este venres ante e o anuncio de peche de Vestas

Viveiro, 22 de setembro de 2021. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, convocou aos alcaldes e alcaldesas da Mariña a unha reunión que terá lugar este vernes, 24 de setembro, ás 19:00 horas.
Na reunión, que será no Concello de Viveiro, se falará do anuncio de peche de Vestas, considerando que esta decisión da empresa afecta a todos os municipios da comarca.

Tamén se convidará ao comité de empresa de Vestas para asistir, se así o desexan, a esta reunión.

O pasado luns, coñecíase a intención da empresa Vestas de pechar a súa fábrica de Viveiro, unha decisión que suporía que 115 traballadores perdan o seu emprego.

Esta inesperada noticia, súmase á situación na que se atopa a empresa Alcoa San Cibrao e supón un agravamento da situación da industria e o emprego da comarca, polo que se entende necesaria a convocatoria desta reunión para facer unha fronte común.

Loureiro demanda “a todas ás administracións que reaccionen e convoquen de inmediato á dirección da empresa para intentar un cambio de postura”.

Exit mobile version