Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola de Minitalentos, de Academia A Mariña, finalizou a súa oitava edición cunha gran festa de disfraces

Nela os seus participantes tiveron a oportunidade de gozar de diferentes actividades e de xogos tradicionais. Nesta última edición desenvolvéronse unha serie de proxectos potenciando e facendo fincapé en valores como o compañeirismo, a solidariedade, a empatía, a amizade e a responsabilidade. O equipo docente valorou de forma moi positiva o desenvolvemento do proxecto e a evolución de todos os participantes que demostraron o seu afán polo descubrimento, a aprendizaxe e polo goce. A 8ª edición da Escola de Minitalentos desenvolveuse entre o 28 de xuño e o 3 de setembro.

Exit mobile version