Site icon Crónica3.com A Mariña

A mellor música independente volve a Burela o 24 e 25 deste mes no Osa do Mar

Burela, 3 de setembro, 2021. Estamos de volta, despois do evento nas letras galegas anunciabamos que en setembro intentaríamos facer unha fin de semana de festival. Desde a Asociación Cultural Fanto Fantini fixemos un esforzo e propoñemos unha edición adaptada á situación. Cremos que quedou un cartelazo (que adxuntamos) para a fin de semana do 24 e 25 de setembro en Burela.

Este ano pola razón que todos coñecemos hai bastantes cambios. Todos os concertos (por protocolo Covid) serán no Escenario Vibra Mahou (na Praza do Concello de Burela), montarase un recinto para vender 400 entradas (todo o mundo sentado) con un bar dentro do mesmo. Tamén debido ao protocolo actual non se montará carpa para o público. A día de hoxe só quedan por vender 150 bonos para os 2 días que se poden mercar na web www.entradium.com

A ubicación dos asentos escollerase por orde de chegada (pedimos por favor que a xente veña con tempo) e poderanse facer grupos dun máximo de 6 personas para ver os concertos.

O programa do Osa do Mar 2021 quedaria da seguinte forma:

Venres 24 de setembro:
21:30h: Veintiuno
22:30h: Los Rastreadores (Ortiga e Grande Amore)
23:30h: Delaporte

Sábado 25 de setembro:
13:00h: Moura
14:00h: Black Friday
20:30h: Blanco Palamera
21:30h: Verto
22:30h: Niña Polaca
23:30h: The Rapants

Exit mobile version