Site icon Crónica3.com A Mariña

A “Merluza de Burela” chega ao final do seu camiño Xacobeo na Costa da Morte

Burela, 2 de setembro, 2021. O Parador Costa da Morte, en Muxía (A Coruña), acolle esta fin de semana a décima e derradeira etapa da campaña “Orixe & Destino Galicia”, coa que a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo promociona o bonito do norte e a pescada do pincho da lonxa de Burela a través dos restaurantes da rede de Paradores ubicados nas diferentes rutas do Camiño de Santiago.

A “Merluza de Burela” toma o ‘Camiño de Fisterra’ para poñer fin ás súas “Rutas Xacobeas” 2021 e achegarse ao punto que durante centos de anos se considerou como o derradeiro recuncho da terra.

O restaurante do Parador Costa da Morte ofrece desde o xoves 2 ao domingo 5 de setembro a receita “Pescad do pincho de Burela, ‘carneiro asado’, xugo de chícharos e menta”.

Esta campaña denomínase “Orixe & Destino Galicia” porque o bonito do norte e a pescada do pincho partiron desde a lonxa de Burela e volven a Galicia seguindo o Camiño de Santiago a través de dez etapas: dous produtos pesqueiros de Burela, sete rutas xacobeas, dez Paradores, seis comunidades autónomomas e a mesma orixe e destino: Galicia.

Desde Santiago de Compostela ata Muxía percorrendo boa parte da xeografía española: Lleida (Camiño Catalán), Santo Domingo de la Calzada e León (Camiño Francés), Cuenca (Ruta da Lá), Alcalá de Henares (Camiño de Madrid), Toledo e Ávila (Camiño de Levante) e Zamora (Vía da Prata).

Esta campaña, que se inclúe no Plan de Produción e Comercialización de OPP Lugo e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP, combina a calidade do produto pesqueiro de Burela, coa colaboración de Armadores de Burela, a gastronomía de Paradores e as rutas do Camiño de Santiago.

Exit mobile version