Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria reuniuse co BNG e trasladoulle a problemática da sanidade pública na comarca

A Mariña, 22 de setembro de 2021.A Plataforma Sanitaria da Mariña ven de reunirse co BNG para trasladarlle todos os problemas sanitarios aos que se enfrenta a comarca, despois de que a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, lles trasládase a intención de manter unha reunión para coñecer de primeira man todas as deficiencias sanitarias e os problemas aos que se esta enfrontando a comarca.

Tras relatarlle que a perda da área sanitaria supuxo unha aceleración na perda de servizos tanto en atención hospitalaria como primaria, así como a derivación cada vez maior cara a Lugo para procedementos básicos e sinxelos que antes se realizaban aquí, desde a agrupación política aseguráronos que a recuperación da área sanitaria pasaba por un cambio de goberno e que a restitución das catro áreas sanitarias era un obxectivo prioritario para elxs.

Trasladóuselle tamén que durante este verán a Atención Primaria sufriu unha agresión como nunca antes se vira , quedando case todo o período cun cadro de persoal moi mermado,pese ao aumento en tres ou veces da poboación, e que mesmo o Sergas foi capaz de pechar quendas de tarde , non sustituir ao persoal en vacacións ou de precarizar, maltratar e abusar aínda máis dun persoal eventual esgotado que deu o mellor de si mesmo para tentar salvar ao sistema sanitario do abismo.Lembramoslle tamén que a única ambulancia medicalizada que existe na comarca sigue sen o segundo técnico de transporte sanitario e que as probas diagnósticas para completar estudos mamográficos na detección precoz de cancro de mama seguen a realizarse en Lugo, pese ao compromiso do PP, acadado na comisión de sanidade, de facer os estudos completos no Hospital da Mariña.

Ana Pontón asegurou que para o BNG a sanidade pública era un asunto prioritario e urxente e que a recuperación da mesma, pasa pola inmediata inxección económica extraordinaria duns 200 millóns de euros. Acreditou na necesidade de recuperar tamén as xerencias de atención primaria e de atraer de novo a profesionais que fuxiron en desbandada pola precariedade aos que o somete o Sergas.Lembrou que de cada cen médicxs residentes que se formaron uns 60 marcharon en busca de estabilidade.

Exit mobile version