Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pontenova conta cunha nova centenaria, Herminia Iravedra

A pontenovesa Herminia Iravedra cumpriu est luns cen anos, e xa tivo oportunidade de celebralo este domingo acompañada da súa familia e xunto aos seus netos Tamara e Iván, na súa casa da parroquia de Acebro. O Alcalde da Pontenova, Darío Campos e a concelleira de Servizos Sociais, Isabel Couto aproveitaron esta pequena celebración para felicitala e agasallala cun ramo de flores e unha tarta de cumpreanos, nesta data tan sinalada para Herminia.

Exit mobile version