Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa felicita ao Hotel O Cabazo e a Servizos Loxísticos, Marítimos e Portuarios Pertejo, que foron recoñecidos pola asociación Día de Galicia en Asturias

Ribadeo, 20 de setembro de 2021. Acisa felicita ao Hotel O Cabazo e a Servizos Loxísticos, Marítimos e Portuarios Pertejo, que foron recoñecidos pola asociación Día de Galicia en Asturias hai uns días.

O presidente da patronal Ribadense, Francisco Iriarte indicou: “quero mostrar no nome de Acisa e no meu propio as mais sinceras felicitacións aos donos e xerentes, así coma o seu persoal, das empresas Hotel O Cabazo e Servizos Loxísticos, Marítimos e Portuarios Pertejo polo recoñecemento da Asociación Día de Galicia en Asturias durante o encontro empresarial astur-galaico que tivo lugar a semana pasada. Dende Acisa creemos que se trata dun premio mais que merecido pola súa traxectoria, e que non deixa de ser un exemplo mais da excelencia empresarial de Ribadeo”.

E engadiu: “grandes lazos unen a Galicia e Asturias, pero especialmente maiores son os que unen a Ribadeo e Asturias e este recoñecemento non deixa de ser unha mostra mais diso. Ribadeo conta cunha gran rede empresarial, dende comercio, hostalaría a servizos, que son referente e guía para moitos outros e ademais gustaríame destacar que Ribadeo segue sendo un polo de atracción para a creación de novas empresas”.

Balance Media Maratón Ribadeo-As Catedrais
Pola súa banda, Jesús Pérez, xerente de Acisa, fixo unha valoración positiva da Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrou o pasado sábado: “dende Acisa estamos moi contentos coa repercusión que tivo a celebración desta nova edición da media maratón Ribadeo-As Catedrais. A nosa vila encheuse con máis de 700 corredores e calculamos que iso implicou que con familiares e amigos esa cifra aumentase ata as 2.000 persoas que visitaron Ribadeo nesta fin de semana. Persoas que desfrutaron da nosa hostalaría e dio noso comercio. Moitos incluso durmiron en Ribadeo. 2.000 persoas que se converteron xa en embaixadores da nosa vila, que estamos seguros que non so volverán se non que farán que veñan moitos mais visitantes”.

Pérez tivo palabras de agradecemento para o Concello: “queremos agradecer ao Concello de Ribadeo, especialmente á Área de Deportes, encabezada polo edil, Jorge Díaz, e o técnico deste departamento, Iván López, en primeiro lugar por poder colaborar neste evento, no que tiñamos obrigación de formar parte polo que implica para economía local, e en segundo lugar polo traballo e esforzo realizados para o seu desenvolvemento”.

O xerente de Acisa dixo: “estamos moi orgulloso de colaborar e moi contentos de que contaran con nos. Puidemos comprobar de primeira man o esforzo que conleva un evento destas características, a cantidade de xente que acompañaba a algún dos corredores e o contentos e agradecidos que quedaron todos. Polo tanto parabéns á Área de Deportes, aos voluntarios e ao persoal municipal que fixeron posible este evento, e grazas por contar con nos un ano mais”.

Exit mobile version