Site icon Crónica3.com A Mariña

Arias destaca no Valadouro as axudas da Xunta á hostalería, coa convocatoria de catro novas liñas este mes

O Valadouro, 20 de setembro de 2021. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe no Valadouro “o traballo conxunto do Goberno galego co sector da hostalería, con medidas de apoio adaptadas ás distintas fases que fomos atravesando dende hai máis dun ano”.

Arias explicou a nova folla de ruta tras o plan acordado cos hostaleiros para o funcionamento durante os vindeiros meses -con independencia da situación epidemiolóxica-, que contempla a posibilidade de ampliar horarios segundo as medidas de prevención ante á covid-19 que asuman dentro dos dous niveis establecidos.

En ambos niveis un dos requisitos é contar cunha ventilación adecuada e con medidores da calidade de aire. Por iso, a Xunta publicará este mes unha liña de axudas dotada de 6 millóns de euros para que os establecementos hostaleiros e os aloxamentos da comunidade poidan adquirir equipamento poscovid coma estes medidores.

Esta liña forma parte dun paquete de axudas que inclúe outras tres convocatorias: unha para recursos tecnolóxicos e accións de promoción e dixitalización, outra para acondicionar as infraestruturas turísticas dos concellos de ata 10.000 habitantes, e un programa de apoios para as axencias de viaxe. En total, indicou Arias, estas iniciativas suman case 16 millóns de euros de orzamento.

O delegado visitou un dos establecementos de hostalería beneficiado pola orde para incentivar a mellora de terrazas e a venda a domicilio. Apuntou que, xunto cos dous Plans de rescate, o Goberno galego distribuíu no municipio 53.600 euros en 22 axudas nos últimos meses.

Exit mobile version