Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz homenaxea a Ceferino Díaz este sábado

Foz, 16 de setembro, 2021. A Asociación Amigos de Ceferino Díaz convoca unha homenaxe na honra deste histórico socialista e galeguista do PSdeG-PSOE que terá lugar este sábado día 18 de setembro en Foz ás 12:00.

Nesta ocasión, e como consecuencia das medidas para a protección fronte ó COVID-19, non se realizará o tradicional debate co posterior almorzo de confraternización, limitándose a realizar unha ofrenda floral no monolito inaugurado no ano 2019 na súa memoria e situado na Avda. do Cantábrico ó final do coñecido como Campo de Ramos.

Se as condicións metereolóxicas o permiten, farase a presentación do retrato de Ceferino Díaz doado á Asociación por Francisco Cajoto Caserío, alcalde de Foz.

Exit mobile version