Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Intocables’ no Hernán Naval de Ribadeo o 9 de outubro

Ribadeo, 28 de outubro, 2021. Coa chegada do outono volve o mellor teatro a Ribadeo da man do Programa Platea do Ministerio de Cultura a través do INAEM.

Este ciclo iníciase próximo sábado día 9 de outubro no Auditorio Municipal “Herán Naval” coa representación da obra “Intocables”, ás 20,00 horas.

Ados Teatroa e Pentación Espectáculos preséntannos esta versión teatral da premiada película francesa “Intouchables”, baixo a dirección de Garbi Losada, Roberto Álvarez encabeza un reparto de grandes actores con Malcolm Treviño-Sitté, Begoña Maestre e Iker Lastra.

Esta divertida comedia trata a vida dun rico aristócrata que tras un accidente, queda tetrapléxico e termina contratando como coidador a un mozo marxinal que acaba de saír do cárcere (noutras palabras, a persoa menos indicada para o traballo). Farto de coidadores que lle tratan con piedade ou condescendencia, o que lle gusta del, ao contrario, é que ve que non lle ten compaixón algunha. Xuntos van mesturar a Vivaldi e o música rap, o fala elegante e a xerga rueira, os traxes caros e os pantalóns de chándal. Dous mundos que chocan para acabar por entenderse. Ambos atoparán no outro non o que desexan, senón o que realmente necesitan.

Dadas as medidas anti Covid, as entradas serán númeradas e unicamente poñeranse á venda o 75% do aforo do Auditorio, polo que aqueles que se queiran asegurar unha butaca poden adquirir xa as entradas na web: www.gameoverpro.es

Exit mobile version