Site icon Crónica3.com A Mariña

Lección Inaugural no IES Ribadeo Dionisio Gamallo

Ribadeo, 22 de setembro, 2021. O pasado luns, no paraninfo do IES Ribadeo Dionisio Gamallo, celebrouse o acto de apertura do novo curso escolar cunha conferencia inaugural a cargo da historiadora ribadense Dona Celia Castro Fernández.

O director, Modesto Refojo, abriu a sesión dando as grazas ós membros da Asociación A Concordia pola cesión o curso pasado dunha exposición do artista ribadense D Amando Suárez Couto a quen, como mostra de agradecemento, o centro decidiu dedicarlle a conferencia inaugural e a axenda escolar.

A conferencia foi impartida por Dona Celia Castro Fernández, natural de Ribadeo, ex-alumna do Instituto e Catedrática de Historia da Arte do Corpo Superior de Ensinanzas artísiticas. Exerceu durante 37 anos na Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón de Lugo e na actualidade está realizando unha tese doutoral sobre Pintura e Fotogrtafía no século XIX, sendo este tamén o título do seu último libro co que agasallou ó instituto.

Ademais de dar a coñecer a obra deste importante e polifacético artista, Celia Castro tamén tratou de transmitirlle ó alumnado o importante e desinteresado labor social e cultural deste ilustre autor a quen o pobo de Ribadeo lle debe a orixe da Biblioteca Pública, da Romaría de Sta Cruz, do Clube Deportivo Ribadense, da Coral Polifónica ou do grupo de gaitas Meniñas da Saudade.

Ó rematar, parte dos asistentes visitaron a exposición presidida polo autoretrato de Suárez Couto do que tamén estiveron presentes algúnsfamiliares.

O IES Ribadeo Dionisio Gamallo agradécelle a Celia Castro a súa colaboración e o seu tempo e á Asociación A Concordia o feito de poder disfrutar cada día da exposición dun ribadense que está entre os mellores pintores do século XX e gran mecenas para o seu pobo.

Exit mobile version