Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG da Mariña continúa coa campaña para frear a escandalosa suba da factura da luz e en defensa dunha tarifa elécrica galega

A Mariña, 14 de setembro 2021. O Bng continúa na Mariña coa campaña iniciada a comezos deste verao diante da escandalosa suba do recibo da luz. Hoxe en Foz, anunciaron novas accións e mobilizacións ao tempo que recolleron sinaturas no mercado semanal. Estiveron presentes concelleiras e concelleiros do Bng na Mariña, e o Tenente Alcalde de Foz Francisco Xavier Fanego, que nos últimos días xunto co Bng da localidade están levando a cabo tamén unha intensa campaña informativa a respecto da instalación de parques eólicos nas zonas central e occidental da Mariña e preparando tamén as correspondentes alegacións.

A electricidade, que é un ben esencial, tén que estar baixo control público
Esta campaña coa que o Bng prosigue agora tén o seu reflexo tamén no Congreso dos Deputados e no Parlamento de Galiza, donde Néstor Rego e Ana Pontón defenderon ontes iniciativas ao respecto, solicitando Rego no Congreso a creación de empresas públicas de enerxía e a nacionalización das compañías eléctricas ao ser a electricidade un ben esencial, polo que debe estar baixo control público. Demandou tamén a creación dunha empresa pública galega de enerxía, integrando inicialmente os encoros que vaian rematando o período de concesión, así como a participación noutros ámbitos de xeración de enerxía para a socialización dos beneficios

Tarifa Eléctrica Galega para abaratar a factura da luz a particulares e empresas
Ana Pontón propuxo a creación dunha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz para galegas e galegos en beneficio de consumidores particulares e das nosas empresas de maneira que se compense o papel de Galiza como excedentaria na producción eléctrica. Así mesmo a portavoz nacionalista retou a Feijóo a poñerse do lado de Galiza ante a esta das eléctricas e apoiar as medidas do Bng para abaratar o prezo da luz.

Recollida de sinaturas e actos informativos
Desde a formación nacionalista anunciaron tamén que continuarán con recollidas de sinaturas en diversos puntos da comarca e prevén tamén actos informativos con diferentes sectores e veciñanza en xeral.

Apoio á concentración convocada pola CIG para o domingo 19 diante da Delegación de Facenda en Foz
Desde o Bng piden tamén a asistencia á concentración que a CIG convoca para este domingo en Foz ás 11:30 diante da Delegación de Facenda, coma no resto do país, en contra da estafa da luz, a recuperación das hidroeléctricas e a creación dunha tarifa eléctrica galega.

Exit mobile version