Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG insta á Xunta a manter a oferta de educación para persoas adultas no IES de Ribadeo

A Mariña, xoves 23 de setembro. Ribadeo dentro da súa oferta educativa conta coa opción de Educación Secundaria para persoas Adultas (ESA) no IES Dionisio Gamallo Fierros, un servizo moi importante para moitas persoas que precisan obter esa titulación para poder acceder a moitos empregos. O dereito a educación é un dereito básico das persoas e moito mais no rural, donde esta oferta educativa permitía a moitas alumnas e alumnos estudar e formarse perto do seu lugar de residencia sen ter que facer grandes desprazamentos.

O PP manexa datos falsos para eliminar este servizo
“Agora a Consellería de Educación priva a estas persoas dese servizo e dese dereito basándose en datos falsos xa que cando falan de que non se acadou o mínimo de alumnas e alumnos, están ocultando deliberadamente o feito de que todos os anos a data de apertura do prazo de matrícula é o 1 de setembro e permanece aberto durante todo o curso” afirmou o deputado mariñao no Parlamento de Galiza, o ribadense Daniel Castro que anunciou a presentación dunha iniciativa que sera debatida no pleno do Parlamento, para frear este novo ataque frontal á calidade e á oferta educativa no rural e na comarca da Mariña.

Ribadeo reclama o mantemento desta oferta educativa
Esta proposición non de lei do BNG recolle así mesmo o sentir e o malestar do Consello Escolar do propio IES Dionisio Gamallo Fierros, o malestar e enfado de organizacións sindicais, do Concello de Ribadeo, e tamén da cidadanía a respecto desta nova afrenta do PP desde a Xunta a todas e todos os ribadenses

Exit mobile version