Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concelleiro Manuel Galdo e Manuel Insua, apoiaron este mércores aos traballadores de Vestas na primeira das concentracións diante da fábrica

Os independentes de @porviveiro reclaman tanto ao goberno do PP na Xunta como ao goberno de coalición PSOE-Podemos no Estado, que busquen unha solución para fábrica de Chavín. Agardan que ambos gobernos estén á altura das circunstancias, que abandonen as loitas partidarias absurdas sobre quen ten a culpa e que solucionen este grave problema laboral e económico para Viveiro. Ao Goberno Municipal, pídenlle que demostre ter algo de peso político na súa organización. Desta volta non vale botarlle a culpa aos de fora, nin solucións temporais, hai que traballar, moverse e non parar ata atopar unha saída a esta inxusta situación na que se atopan tantas familias.

Exit mobile version