Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro lamenta o “inesperado anuncio” de peche de Vestas e esixe un fronte común de todas as administracións para pedir á empresa un cambio de postura

Viveiro, 20 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro coñeceu hoxe a intención da empresa Vestas de pechar a súa fábrica de Viveiro, unha decisión que suporía que 115 persoas perdan o seu traballo.

“Unha decisión inesperada, hoxe mesmo me puxen en contacto coa presidenta do comité de empresa para manter unha reunión cos representantes dos traballadores e coñecer os detalles do expediente de regulación de emprego extintivo anunciado pola compañía”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Loureiro demanda “a todas ás administracións que reaccionen e convoquen de inmediato á dirección da empresa para intentar un cambio de postura”.

“O desmantelamento industrial da comarca non para, a Alcoa únese agora este anuncio, Viveiro e A Mariña necesitan unha reindustrialización”, engade.

O concello amosa o seu total apoio aos traballadores e secundará todas as medidas que tomen nos próximos días, lembrando que “a fábrica de Vestas en Viveiro ten unhas instalacións modernas, polo que debemos atopar alternativas de actividade e emprego”.

Exit mobile version