Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro solicita unha reunión “urxente e inminente” coa dirección da empresa Vestas e as administracións con competencias industriais

Viveiro, 27 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro remitiu o pasado venres un escrito ao vicepresidente 2º e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta, Francisco Conde, solicitando a convocatoria dunha reunión urxente en relación co anuncio do peche da planta de Vestas.

Tal e como se indicaba no escrito, enténdese que esa xuntanza debe convocarse á maior brevidade posible e que nela deberían estar presentes a Consellería de Economía, Empresa e Innovación; o Ministerio de Industria; a empresa; os representantes dos traballadores e o Concello de Viveiro.

Despois da importante reunión de hoxe entre o Comité de Empresa de Vestas e a Xunta de Galicia, como autoridade laboral competente para a tramitación do ERE, urxe a celebración dunha xuntanza entre todas as partes para esixir á empresa que reconsidera a súa decisión e buscar solucións alternativas.

Exit mobile version