Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Riotorto denuncian a falla de transparencia do Concello

Riotorto, 2 de setembro de 2021. O Voceiro Socialista de Riotorto, José García denunciou hoxe a falla total de transparencia do Alcalde por non facilitar a información e expedientes do concello, tal e como recolle a propia lexislación. García lembra que presentou un escrito o pasado 25 de xuño no rexistro no solicitando copia e acceso a diversos expedientes, “pero lamentablemente 2 meses despois seguimos sen ter nin unha soa resposta do Alcalde”, criticou.

Concretamente demandou unha relación dos núcleos e barrios que están conectados á rede municipal de augas en Ferreiravella, así como o número de usuarios da mesma. Solicitou tamén o informe do secretario sobre as normas e distancias das plantacións de camiños municipais, e coñecer os ingresos polo aluger do mazo de Ferreiravella, entre outros.

García sinala que “o Alcalde ten que ser transparente e facilitar a información que solicita o Grupo Socialista, ou é que ten medo a algo?”, advertiu. Ademais argumenta que o artigo 14 de Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, puntualiza: tódolos membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente ou da Comisión de Goberno cuantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función.

Exit mobile version