Site icon Crónica3.com A Mariña

Peque, Dany e Ale volven á lista da vermella

Burela, 14 de setembro, 2021. As burelistas Peque Dany e Ale de Paz volverán á lista da Vermella 16 días despois da viaxe da Selección Española a Praga para medirse á República Checa (0-9 e 0-6). As Guerreiras Laranxas participarán na concentración da próxima semana, entre os días 20 e 23, na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

Está previsto que o combinado nacional dispute un amigable ante o Futsi Atlético Navalcarnero, o mércores 22. O xoves as xogadoras regresarán á dinámica do Pescados Rubén Burela FS para a liga, coa visita a Poio Pescamar xa o sábado 25, na segunda xornada.

Horarios de adestramento programados para esta concentración:

– Luns 20: 18:30-20:30
– Martes 21: 11:00-13:00 e 18:30-20:30 (dobre sesión)
– Mércores 22: 11:30-13:00
– Mércores 22: España-Futsi Atlético Navalcarnero (20:00)

Exit mobile version