Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata en Burela a programación da Semana Europea da Mobilidade

Burela, 22 de setembro de 2021. Hoxe conclúe en Burela a Semana Europera da Mobilidade, que se veu celebrado desde o pasado día 16, organizada pola Concellería de Medio Ambiente.

Esta mañá tiveron lugar charlas de educación vial para o alumnado de 1º da ESO dos IES Perdouro e Monte Castelo. Na Casa da Cultura está a exposición Kinético, que pola mañá visitan os CEIPS e pola tarde abre para o público xeral. Esta tarde seguirá o circuíto de educación vial na Praza do Concello. E nese escenario celebrarase o sorteo de 3 vales de compra de 20 euros cada un, xentileza de Acia Burela, que serán para as bicis mellor tuneadas. E na Praza da Mariña desenvolverase un ensaio de Arume.

O balance realizado polo Concello da Semana Europea da Mobilidade é positivo.

Exit mobile version