Site icon Crónica3.com A Mariña

Segue o ciclo o Concello cos Coles

Máis de 100 nenas e nenos de Primaria dos dous colexios de Ribadeo asistiron hoxe, xoves, no Teatro a unha representación de Os Ghazafelhos titulada “A máquina do tempo”. A actividade, organizada pola Biblioteca Municipal, enmárcase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta. O vindeiro xoves, 30 de setembro, volverá o ciclo o Concellos cos Coles. Moc Moc Mere Clown chegará ao Teatro de Ribadeo con “A verdadeira historia de Hamelin”. Será a partir das 11:30 horas.

Exit mobile version