Site icon Crónica3.com A Mariña

Tá en Artes reinicia á súa actividade suspendida no 2020 por mor da pandemia

A Mariña, 13 de setembro, 2021. A Asociación cultural Tá en artes quere comunicar á sociedade da Mariña que reinicia á súa actividade suspendida no 2020 por mor da epidemia de covid, que impediu realizar a programación prevista. Reunirémonos cos axentes implicados para analizar a posibilidades de reactivar unha programación que tiña o camiño recorrido e establecido para retomala neste curso 2021-2022. A programación iniciada tiña o título e os obxectivos seguintes:

Homenaxe a Quique Guerra
Proxecto Arte e Educación
Arte Plástica, Ciencia e Historia

1- Homenaxe a Quique Guerra no Concello de Cervo. Exposición retrospectiva na sala As carboeiras de Sargadelos., organizada pola area de Cultura do Concello de Cervo.
2- Semana das Artes plásticas no Cenima de Foz, na que participan 26 artistas e unha pequena mostra do traballo de Quique Guerra. Esta exposición contará ca guía de dous/as monitores/as, que farán o percorrido da mostra cos máis dos 1.700 alumnos/as dos centros escolares da Mariña e os seus/súas profesores/as correspondentes. Estas visitas guiadas iran acompañadas de talleres que están a ser deseñados. Editarase un catálogo da mostra con unha tirada de 400 exemplares. Temos que consignar o dato extraordinario da colaboración de tódalas institución do país como a de a Xunta de Galicia na área de Cultura, a Deputación Provincial, así mesmo na súa área de Cultura, a Mancomunidade da Mariña, e o propio Concello de Foz. A mostra trata de establecer un Diálogo plástico entre os/as artistas da Mariña que convidan, cada un/unha, a representantes plásticos de outros lugares. Este ano a organización invitaba a dous artistas fora da Mariña, dentro do mesmo concepto de “diálogo” de contrastada traxectoria como é a pintora coruñesa Maria Xesús Díaz, e o fotógrafo de Redondela Luis Pereira, o resto dos artistas e por bloque de diálogo serán: Xoán Guerreiro- Juan Lomarti; Pablo Livio – edu Albo;Otero Regal-Carmen Soriano; Neira Brochs- Susana Muñoz; Mauro Leivas- Carmen Soilán; Juanel Ponte- Chus Lage ; David Catá – Irene Cruz; Cristina Sánchez- Rosa Guisán; Daniel Caxigueiro – Pilar Rei; Alberto Pena- Carmen Hermo; Adri Pardo- Ana Beltran.

Exit mobile version