Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha persoa tivo que ser excarcerada tras envorcar unha furgoneta en Abadín

Abadín, 5 de setembro, 2021. Unha saída de vía na autovía A-8, ao seu paso polo concello de Abadín, deixou dúas persoas feridas.

Pouco antes da 1 do mediodía, varios particulares avisaban ao 112 Galicia de que unha furgoneta envorcara nesta autovía, en concreto, no punto quilométrico 548. Segundo sinalaban os alertantes, no interior do vehículo había persoas atrapadas.

Así, de xeito inmediato, desde o CIAE 112 Galicia informouse da situación aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico.

Xa no lugar, os bombeiros confirmaron que tiveran que liberar a un dos ocupantes da furgoneta e que, finalmente, dúas persoas resultaran feridas.

Exit mobile version