Site icon Crónica3.com A Mariña

A carreira Medio km vertical Monte Comado de Barreiros celébrase este sábado

Barreiros, 13 de outubro, 2021. Este venres foi presentada a 7ª edición da Carreira “Medio km Vertical Monte Comado”, que se celebrará en Barreiros o vindeiro sábado 16 de outubro.

A dita presentación, ademais de membros da Asociación Deportivo Cultural Praias de Comado, asistiron Mari Carmen Veiga, Segunda tenente de Alcalde e Daniel Gacía, Concelleiro de deportes. Ademais do Concello de Barreiros colabora a Xunta de Galicia.

Nesta edición, a organización propón unha volta á orixe, posto que a primeira das Carreiras Monte Comado consitía igualmente nun 1/2 km vertical, para nas edicións posteriores combinar esta proba cun ou dous trails de diferentes distancias. Este cambio foi debido en gran parte ás restriccións COVID que se plantexan neste tipo de probas, posto que a organización sempre aposta por fomentar o ambiente popular previo e post-carreira, organizando un pincheo de remate tanto para corredores como acompañantes, algo que non está permitido nestas datas.

A característica fundamental desta carreira é que nunha distancia relativamente curta, pouco máis de 4 km., a altura que se gaña é moita, case 500 m., desnivel positivo que se incrementa en gran medida na segunda parte da proba.

Outro dos grandes alicientes son as espectaculares vistas das que se pode desfrutar dende gran parte do percorrido, especialmente na zona de meta ó igual que o gran ambiente que se vive na zona de chegada.

Toda a información sobre a carreira e as edicións anteriores está tanto na páxina web como na páxina de Facebook da carreira.

http://carreirapopulardaspraias.jimdo.com

Exit mobile version