Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG convoca novas mobilizacións contra a estafa da luz e por unha Tarifa Eléctrica Galega este domingo en 24 concellos galegos, Foz entre eles

A Coruña, a 1 de outubro de 2021. A CIG ten convocadas novas mobilizacións para este vindeiro domingo, día 3 de outubro, en cidades e vilas galegas, contra a estafa da luz e por unha Tarifa Eléctrica Galega. A central sindical chama a levar as facturas da electricidade para facer unha queima colectiva, simbolizando o queime das eléctricas que, mentres acumulan beneficios multimillonarios, abocan a clase traballadora á pobreza enerxética.

O sindicato nacionalista fai un chamamento a participar nestas mobilizacións diante do imparable medre da factura da luz e a impunidade coa que actúan as eléctricas pero, sobre todo, diante do nulo papel que tanto o goberno galego como o español están a facer para  garantir, con políticas públicas, o acceso á electricidade do conxunto do pobo en condicións asequibles.

No caso da Mariña, a cita será ás 12h, diante da Delegación de Facenda en Foz.

Exit mobile version