Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo transfire á Asociación Española contra o Cancro o remanente de caixa

Ribadeo, 26 de outubro, 2021. Dende a Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo, rematando as nosas actividades, queremos informar de que tras as xestións realizadas pola plataforma para a consecución e posta en funcionamento da Residencia de Maiores, quedaba un remanente de caixa de 664€.

Por común acordo dos integrantes da plataforma, e tendo en conta o mandato recibido dos doantes, este verán puxémonos en contacto con membros da Asociación Española contra o Cancro en Ribadeo, e o remanente foi transferido a dita asociación, que agradeceu á súa vez a entrega por medio dunha carta da Presidenta da súa Xunta Provincial.

Aproveitamos este comunicado para concluír agradecendo, de novo, a todas as persoas e entidades que colaboraron o seu traballo colectivo, que supuxo o lograr a nova residencia, así como para lembrar a José María Rodríguez Díaz, que non a chegou a ver funcionando e sen quen non se tería levado a cabo.

Exit mobile version