Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria da Mariña apoia a manifestación convocada polos sindicatos para esixir futuro para a comarca

A Mariña 14 de outubro de 2021. A Plataforma Sanitaria da Mariña apoia e adhírese a manifestación convocada polos tres sindicatos maioritarios baixo o lema “Futuro para A Mariña”, que o vindeiro domingo 17 de outubro sairá ás 12 horas da Cruz Vermella de Viveiro.

O motivo desta movilización é esixir que as administracións públicas poñan freo á sangría económica e laboral que esta a sufrir a comarca e que conducen indefectiblemente á desertización industrial da Mariña.

Desde a Plataforma animamos a todas as veciñas e veciños da Mariña a que saian de xeito masivo á rúa, para volver a reclamar as demandas non atendidas durante anos e que se materializaron nunha manifestación multitudinaria, que percorreu as rúas de Burela en xuño do ano pasado. Este colectivo acredita en que a loita sen tregua é a única forma de lograr cambios , e por iso “chamamos a toda a poboación desta comarca a encher as rúas de Viveiro o próximo domingo para, nunha soa voz , reclamar das administración públicas o mantemento dos postos de traballo, da industria e dos servizos públicos, ao tempo que se dota a este territorio dunhas infraestruturas dignas do século no que nos atopamos”- conclúe Montse Porteiro, coordinadora do colectivo sanitario.

Exit mobile version