Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Burela entrega os premios da campaña ‘Volta ao Cole’

Burela, 6 de outubro de 2021. Estes días a directiva da Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos da vila entregaron os premios da campaña ‘Volta ao Cole’.

Os premios sorteados o pasado 20 de setembro foron seis vales de compra por valor de 50 euros para gastar no comercio local asociado. Os establecementos nos que mercaron as afortunadas foron: Reme Peluqueros, Chamorro Hombre, O Lar do Pintor, Nora Moda Complementos, Cerezo Bikes e Corina. Con esta iniciativa, ACIA Burela premia as persoas que mercaron todo o preciso para o regreso ás clases nas tendas do municipio, ao mesmo tempo que impulsa as compras no comercio de proximidade. Os premios repercutirán nunha inxección económica nos establecementos locais de mínimo 300 euros.

Dende ACIA Burela tamén queren agradecer a boa acollida desta campaña por parte da veciñanza que, unha vez máis, volveu confiar no comercio da vila.

Exit mobile version