Site icon Crónica3.com A Mariña

Ante os comportamentos agresivos dunha persoa indixente na zona de Lodeiro, o Concello de Viveiro convoca unha reunión cos corpos de seguridade e servizos sociais

Viveiro, 15 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro informa que está a traballar para solucionar os problemas xurdidos na zona de Lodeiro e na súa contorna, dada a preocupación suscitada entre veciños e comerciantes polas actuacións dunha persoa indixente con comportamentos agresivos. Actualmente, constan denuncias na Policía Nacional por esta situación.

Deste modo, co obxectivo de solucionar esta situación, o Concello de Viveiro convoca unha reunión urxente para o vindeiro luns 18 de outubro. Dita xuntanza contará coa presenza da Policía Local, a Policía Nacional e os Servizos Sociais, co fin de dar solución a este problema de forma conxunta co goberno local.

Exit mobile version