Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla no Vicedo sobre aves mariñas na Mariña e Ortegal

Este sábado 30 ás 7 da tarde na Casa da Cultura haberá unha interesante charla sobre as aves mariñas que podemos ver na comarca da Mariña e Ortegal, cunha especial atención ás da Illa Coelleira, como a historia de “Curricacha”, unha pardela cincenta anelada no proxecto de @ceidagalicia e na que, por exemplo, detectaron unha viaxe de 3100 km a comezos de setembro. A charla será impartida por Serxio Paris, do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

Exit mobile version