Site icon Crónica3.com A Mariña

Cun curso de soldadura de electrodo revestido arrincou en Ribadeo a actividade formativa de Apaga do último trimestre do ano

Ribadeo, 4 de outubro de 2021. Esta fin de semana arrincou en Ribadeo a actividade formativa de Apaga do último trimestre de 2021. Foi cun curso de soldadura de electrodo revestido, que se desenvolveu durante 16 horas tanto o sábado coma o domingo nas instalacións da asociación en Vilar.

O ciclo sobre soldadura seguirá os días 16 e 17 de outubro centrado no sistema mig mag e os días 23 e 24 deste mes a protagonista será a soldadura tig. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou na presentación hai uns días que “estas accións formativas foron programadas tendo en conta as demandas das empresas e as necesidades de xente formada. Non podemos asegurar que vai haber inserción laboral inmediata, pero a xente que verdadeiramente queira traballar neste sector ten moitas posibilidades de poder inserirse laboralmente polos contactos e a relación que nós temos con empresas do sector”.

O segundo ciclo de actividades terá lugar en novembro. Hai previstos 3 cursos de 24 horas en total cada un de eles, que se desenvolverán en tres xornadas: curso de tubaxe industrial, curso de aluminio e curso de calderero. As persoas interesadas en asistir poden dirixirse a Apaga ao seu correo electrónico: apagaribadeo@gmail.com

Exit mobile version