Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres celébrase na Praza da Mariña a feira Comercio Con Sentido, de produtos de comercio xusto, que organiza Solidariedade Internacional de Galicia coa colaboración do Concello de Burela

Polo evento pasou esta mañá alumnado do IES Monte Castelo. Esta feira nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas. A concelleira de Cooperación, Noelia Mª Ben, agradece tamén a participación da Cruz Vermella “que fixo entrega de bolsas de tea para tentar concienciar á poboación da necesidade de ir reducindo o plástico das nosas vidas polas repercusións negativas que ten para o medio ambiente”.

Exit mobile version