Site icon Crónica3.com A Mariña

Frouxo partido do Pescados Rubén, 1-4 fronte ao Córdoba Futsal

Burela, 24 de outubro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS non puido celebrar o seu regreso a Vista Alegre fronte a un Córdoba Patrimonio de la Humanidad moi efectivo (1-4). Os de Riquer acusaron o cansazo no terceiro partido en tan só unha semana, faltoulles frescura e un pouco máis fortuna nos últimos metros, que só puideron culminar na recta final co penalti de Iago Míguez. “É un marcador duro para o que podiamos sacar. Penalizounos moito, co partido moi igualado, con dúas accións demasiado doadas para Córdoba. Nós xeramos moito, con moitas transicións, e non castigamos ningunha. Tan só puidemos marcar de penalti e deberiamos castigar para poder ter un partido máis igualado”, reflexionaba o técnico burelista.

Miguelín adiantou os andaluces nun córner de Perin, con bloqueo laranxa no primeiro pau, antes de chegar ao ecuador do primeiro acto. O 11 cordobés xa buscara o gol minutos antes tentado roubar en primeira liña. O máis incisivo ata o momento nas filas laranxas fora Pazos. O traveseiro evitou o segundo visitante no 16 e coa súa quinta amarela, Pescados Rubén foi in crescendo, o goteo incesante de ocasións inaugurouno Pazos no conxunto galego en contraataqque, ao que deron continuidade con constantes perigos Iago Míguez, Quintela e Levi. Cando máis o merecía o Pescadso Rubén, Zequi subiu o segundo a 52 segundos do descanso, cunha saída pola banda de Shimizu. Os burelistas non deixaron de buscar a rede de Cristian; a punto estivo de reducir Quintela a tan só 8 segundos da bucina.

Con 0-2, os laranxas saíron moi ben na segunda parte, convencidos de que podían facerse co encontro e de novo xusto cando apenas había intervencións de Edu, chegou o premio para Córdoba na estratexia, con novo acerto de Zequi desde saque de esquina. Restaban máis de novo para o final e en dous máis Riquer apostou por xogo de cinco con Levi. O Córdoba atopou o cuarto, no 36, cun pase longo do meta que rozou coa cabeza Ricardo ante a saída de Edu, recompensa en exceso para os andaluces. Non cesaron no seu empeño os galegos, con porteiro xogador. Iago Míguez subiu o 1-4 para os mariñáns a través da pena máxima a un e medio do final.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Isma, Renato, David Pazos, cinco inicial; tamén xogaron Quintela, Wanderson, Lucho, Levi, Nito

Córdoba Patrimonio de la Humanidad: Cristian, Shimizu, Viana, Miguelín, Caio, cinco inicial; tamén xogaron Jesulito, Pablo do Moral, Zequi, Ricardo, Perin, Ismael

Goles: 0-1, minuto 9, Miguelín; 0-2, minuto 20, Zequi; 0-3, minuto 31, Zequi; 0-4, minuto 36, Ricardo; 1-4, minuto 39, Iago Míguez (penalti)

Árbitros: Peregrino Ambrosio // Santander Flamarique. Por Burela amarela para Wanderson (minuto 15), Renato (minuto 23), Isma (minuto 28), Levi (minuto 33). Por Córdoba amarela para Shimizu (minuto 14), Miguelín (minuto 27), Prieto (minuto 39), dobre amarela para Pablo do Moral (minutos 30 e 39)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 3 de Primeira Masculina disputado en Vista Alegre.

Exit mobile version