Site icon Crónica3.com A Mariña

“Nin folgas nin manifestacións”, por Juan Carlos Piñeiro

Nin folgas nin manifestacións van salvar o emprego da Mariña, moito menos tendo en conta o escaso seguimento e apoio xeral que se está a obter por parte da representación legal dos traballadores, neste caso de Alcoa e Vestas. É este un modelo de reivindicación caduco e sen forza no caso das manifestación conseguen poñer o foco de forma puntual e no da folga no caso de peche pola patronal, pois pouco ou nada de repercusión, que si ten noutras negociacións ollo.

A mariña para desgraza de Lugo ven desde fai tempo sufrindo unha profunda crise industrial que rematou co tecido da industria, convén reflexionar nos 20 anos anteriores e poñer nomes e apelidos: IPV, Pardiñas, Costiña, Gres Burela, ECESA, Mon, Coto, Hermida ou ECAR son a mostra de que a clase política da Comarca e de Lugo mirou cara outro lado. Moitas destas empresas eran centenarias e con nicho de mercado, mais foron pechando sen que se fixese ren.

A Xunta de Galicia non ten a día de hoxe un plan industrial e os partidos parlamentares galegos, que tamén tiveron neste período funcións de goberno tampouco, máis aló de cambiar as culpas, coa caída de Vestas e Alcoa a Mariña será un deserto industrial e o panorama político non cambia. É precisamente esta a única forza que se pode usar de panca. Os alcaldes e representantes da mariña nas cámaras, en todas elas, debían de poñer a súa militancia en cuestión e facer presión aos partidos, xogando coa estabilidade dos gobernos, iso seguro que podía cambiar o conto, pero non vai suceder mentres a clase política sexa profesional e non vocacional. Aquí podemos facer forza os cidadáns, cambiando o mapa político da comarca e castigando aos representantes culpables da situación, que hoxe acaparan dúas multinacionais pero que ven durante máis de 20 anos sangrando a nosa Comarca e Provincia, a decisión é nosa.

Ven o Presidente de Galicia de anunciar en relación ao pretendido maná dos fondos next, unha fábrica de fibras vexetais para o téxtil con I+D que pode chegar a ter 3000 traballadores, desde aquí dicir: Non é de xustiza para a Mariña esa Fábrica? Aínda non vin a ningún dos nosos representes pedir o tema.

Fagamos folga e manifestación, está no manual, mais poñamos aos políticos en risco do seu status, esa vai ser a mellor solución.

Piñeiro Docampo,
Sº XERAL DE CxG
MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO

Exit mobile version