Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado, participante activo do acto de clausura do RELEVO2020

Viveiro, a 22 de outubro de 2021. Tratando de cumprir cos horarios establecidos no crograma, o acto de clausura do RELEVO2020 daba comezo cunha mesa de benvida presidida por:
– María Vales, presidenta do GALP Ría de Arousa, grupo coordinar do proxecto,
– José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e
– Rosa Carballo, xerente do GALP coordinador.

Si nalgo coincidiron os seus discursos iniciais foi nos agradecementos a todos os participantes e asistentes pero sobretodo na importancia de foros de participación activa, coma este, e proxectos nos que se aborden temas de tal importancia para o sector pesqueiro como o relevo xeracional ou a formación e información que debemos ofrecer a mozos e mozas.

A parte máis extensa do evento e coa que coñecemos o desenvolvemento das actuacións levadas a cabo, foi a protagonizada por varios alumnos e alumnas que foron os encargados de falar e dar a súa opinión sobre os seminarios e titorías individualizadas que se realizaron, sobre as saídas de campo e visitas a entidades do sector ou sobre a viaxe de traballo ao País Vasco. No caso concreto de dous alumnos e una alumna, falaron sobre o seu traballo que constitúe relevo xeracional e incluso as súas ideas de como diversificalo, tras descubrir durante o RELEVO2020 todas as posibilidades que o mar ofrece.

Contaba a asistencia técnica da iniciativa que foron 34 mulleres e 28 homes, as persoas coas que durante un ano se traballou en pequenos grupos e de xeito case que “á carta” e que deles, un rapaz era menor de idade. Destes 62, vinteún xa tiñan experiencia no sector e en canto ao perfil académico, foi moi diverso, dende titulados universitarios, a persoas con ciclos medios e superiores, estudos básicos ou sen estudos pero todos e todas cun denominador común: o mar e as posibilidades dun futuro entorno a él.

Os xardíns do Museo do Pobo Galego foron o escenario no que os 44 asistentes ao acto puideron degustar unha ampla variedade de produtos do mar, característicos dos territorios dos cinco GALP promotores.

Remate do proxecto e vídeo final
O proxecto terá ata final de ano para poñer apunto toda a documentación para a súa xustificación e será entón cando se dea por rematada a súa andadura.

Está elaborado un vídeo final, resumo de todas as actuacións en todos os territorios, que estará dispoñible ao público nas páxinas web dos GALP promotores e que poderedes solicitar se así o considerades, na oficina do voso GALP.

Exit mobile version