Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Alfoz organiza unhas novas Visitas guiadas de Arte e Historia. Nesta ocasión á Finca Galea: Os Muíños”

O sábado 23 de outubro, ás 18:00h terá lugar a primeira destas visitas didácticas iniciadas o ano pasado desde a Área de Turismo Municipal e incluidas no Plan Único da Deputación. Nesta ocasión o lugar elixido é Finca Galea onde, centrándose no muíño con batán incluído, se coñecerá tamén a importancia da industria téxtil de Alfoz no S. XVIII da man de Dolores Barral, profesora de Historia da Arte da USC. É necesaria inscrición no 982 558 001 (ext.3) ou na Oficina de Rexistro da Casa do Concello desde o 13 ao 22 de outubro.

Exit mobile version