Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo organizou este martes unha andaina polo Día Internacional contra o Cancro de Mama

Para a Concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se viña celebrando durante moitos anos”. Engade tamén que “desde o Concello queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.

Exit mobile version