Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro iluminará este venres de cor turquesa a porta de Carlos V con motivo do Día Internacional da Dislexia

O Concello de Viveiro súmase así á reivindicación da Federación Española de Dislexia e á súa campaña “Unidos por la Dislexia”, á que se adhiren cada ano institucións de todo o mundo. O obxectivo desta iniciativa é visibilizar este trastorno e outras dificultades específicas da aprendizaxe, que afectan ao 10% da poboación e son case invisibles a día de hoxe. O goberno local amosa así o seu compromiso coa visibilización da dislexia, contribuíndo deste modo a minimizar os seus prexuízos na sociedade.

Exit mobile version