Site icon Crónica3.com A Mariña

O mércores suspéndese o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, a limpeza viaria e o servizo do punto limpo en Burela, con motivo da celebración da festividade de San Martín de Porres, patrón do sector

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, dixo que “a prestación dos referidos servizos retomaranse os días seguintes á devandita festividade. Desde o Concello pedimos colaboración á cidadanía para que, na medida das súas posibilidades, eviten sacar e depositar os residuos sólidos urbanos durante esa xornada”.

Exit mobile version