Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vencello organiza unha charla sobre a ordenación urbana en Burela

Burela, 16 de Outubro de 2021. A asociación de veciños “O Vencello” organiza unha charla-coloquio de carácter informativo coa que se pretende abordar os diferentes aspectos que constitúen o Plan Xeral de Ordenación Municipal que temos actualmente en vigor en Burela e o xeito no que inflúe esta normativa na práctica diaria aos propietarios de vivendas e propiedades no nosos termino municipal.

O coloquio é aberto ao público e terá lugar o vindeiro xoves, día 21, ás 20:00h na Casa da Cultura e nel participarán Fátima López Soto, arquitecta técnica Municipal do Concello de Burela e técnica Superior en Urbanismo; e o avogado José Antonio Sánchez del Valle Vázquez.

Dende “O Vencello” convidamos a todos os veciños a que asistan porque creemos que este encontro será unha boa oportunidade para coñecer por boca de especialistas cal é a realidade urbanística do noso municipio.

Poderemos profundizar en temas de vital interese para o crecemento da nosa vila como pode ser a situación legal na que se atopa actualmente a Unidade Urbanística de Torrentes; ou os condicionantes de edificabilidade segundo as zonas; ou tamén a posibilidade de que algunhas vivendas do núcleo urbano podan estar inmersas nun baleiro legal ao verse afectadas precisamente por estes graos de edificabilidade que reflicte o PXOM. Outros temas que a boi seguro sairán no transcurso da charla serán o referido ao valado e peche de solares ou á programación de novas áreas urbanísticas ou solo industrial; entre outros.

Exit mobile version