Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas apoian as reivindicacións dos sindicatos que reclaman un futuro para a comarca da Mariña

Lugo, 14 de outubro de 2021. O PsdeG na provincia de Lugo apoia as reivindicacións dos sindicatos CCOO, CIG e UXT polo futuro da Mariña, xa que anunciaron que realizarán unha mobilización conxunta o vindeiro 17 de outubro en Viveiro co fin de reclamar a tódalas administracións frear a sangría económica e laboral da Comarca da Mariña Lucense.

Dende o PsdeG lembran que xa presentaron no Parlamento de Galicia unha proposta para “non deixar morrer á Mariña”, e reclamar así “un plan de industrialización da Comarca, potenciar o turismo, apoiar ao pequeno comercio e aos autónomos así como o sector da hostalería”, remarcan.

“Na Comarca da Mariña estamos vivindo unha situación moi complicada e moi critica no tocante ao peche de empresas, precarización do emprego, recortes sanitarios ou a reducción de docentes no ensino, ademais das insuficientes infraestruturas que seguen sen chegar á nosa Comarca”, denuncian.

“Dende o PsdeG seguiremos traballando e impulsando iniciativas que contribúan a mellorar as nosas dotacións e os nosos servizos públicos, e por suposto un verdadeiro plan de industrialización que dea resposta as carencias que padecemos actualmente. Por iso sempre estaremos ao carón das traballadoras e traballadores e das súas familias, traballando sempre da man coa veciñanza e loitando por un futuro mellor para a Mariña”, sinalan.

Exit mobile version