O portavoz popular destacou que as intervencións incluídas no proxecto redactado por Augas de Galicia teñen como obxectivo solucionar os problemas da rede de saneamento no núcleo de Celeiro e a condución de vertido da estación de tratamento de augas residuais de Viveiro. O prazo de execución das obras é de 12 meses. Está prevista a construción dun depósito de retención e impulsión en Celeiro, novo desbaste previo para a mellora do bombeo de Rego e mellora da condución de vertido da depuradora. O mesmo representante popular indicou que as obras proxectadas complementan ás que están en execución na estación depuradora de augas residuais de Viveiro, para ampliar a súa capacidade de tratamento; neste caso, o investimento é de catro millóns de euros e as obras estarán rematadas a comezos do 2022.
Óscar Rodríguez cree que está claro que “o goberno de Galicia, do PP, ao que eu represento, é o único que inviste de maneira transcendental en Viveiro; as obras de mellora dunhas infraestruturas de tanta importancia como son as do saneamento son un bo exemplo”.
Rodríguez considera que a estas alturas do mandato está claro que o PP constitúe “a única alternativa para mellorar Viveiro, para sacar ao concello do estancamento no que se atopa pola falta de xestión do goberno municipal”. Engadiu: “Nós seguiremos traballando arreo por Viveiro, con humildade pero coa mesma determinación coa que o fixemos ata o momento”.